BOIRO> Esta mañá presentábase na sede da Asociación Boirense de Empresas unha nova edición de Noite Aberta. Unha iniciativa comercial na que este ano tomarán parte un total de 30 establecementos comerciais que ofrecerán descontos especiais durante todo o día.
Estarán abertos cun horario especial ata as dez da noite e visiblemente identificados.
Dende o Concello, que colabora con esta iniciativa, destacaron a importancia de apoiar ó pequeno comercio e de fomentar espazos de encontro que dinamicen as rúas da vila.
A ruleta de premios, que se situará na rúa Santos Mieites, volverá a estar moi presente ese día.
Alí os clientes poderán acudir cos tickets de compra dos negocios adheridos á campaña e obter regalos directos. tamén haberá outras actividades paralelas, con animación de rúa, obradoiros, tren infantil, flocos de millo e tamén actuacións musicais.
A xornada completarase tamén cunha nova edición de ‘Labores na rúa’, coas ganchilleiras de San Ramón, e contarase cun posto informativo da asociación BarbanTea reforzando así o enfoque inclusivo e social do evento.











