BOIRO> O ‘órdago ‘de Velo ó Partido Socialista deixa fóra da mesa o acordo de investidura que propiciou a chegada dos socialistas á alcaldía. Ante esta situación, non lles queda outra que abrir un diálogo co resto de forzas.
Á partir de agora ábrese pois un novo escenario. Dende o Partido Socialista seguen afirmando que o acordo de investidura é a mellor opción. Non entenden un goberno a catro, pero tampouco o descartan. Xa que a todas luces é a única fórmula posible para poder seguir na alcaldía. Pero estas ansias de poder segundo eles de Velo veñen de lonxe…
En canto á parálise na que Velo aseguraba que estaba o Concello, os socialistas negan que se produza. Proba diso son os numerosos proxectos levados a cabo neste máis de ano é medio á fronte do Concello, a pesar dos condicionantes da covid e o decreto do estado de alarma que paralizou a licitación de moitas actuacións. E os que virán, anunciando investimentos inmediatos por valor de máis de dous millóns de euros.