O concello de Boiro recomenda un consumo de auga responsable para evitar cortes no subministro

BOIRO> O contexto de seca que se está a vivir en toda ESpaña levou a moitos concellos a tomar medidas para evitar os cortes de auga. É o caso de Boiro que recomenda un consumo responsable evitando o rego de fincas e xardíns ou os baldeos con auga da traída.

Os servizos técnicos do concello de Boiro alertaron nos últimos días do baixo nivel dos depósitos e a falla de presión que se está a rexistrar no servizo de abastecemento ante un consumo de auga excesivo. Débese principalmente ós baldeos e regos que se incrementan durante o verán.

Con estas medias búscase minimizar os efectos da falla de auga na rede de abastecemento polo que se levará a cabo un maior control ante a posible existencia de acometidas non autorizadas.