O alcalde de Boiro configura o goberno para este novo mandato

BOIRO> Ademais da alcaldía, José Ramón Romero asumirá as competencias en Relacións Institucionais, Seguridade e Emerxencias e Promoción Económica e Industria.

José Luís Ruíz repite como tenente de alcalde e Concelleiro de Urbanismo e Facenda.

Tamén María Outeiral mantense como concelleira de cultura e persoal asumindo tamén Turismo, mentres que Marcos Fajardo asumirá as delegacións de deportes e servizos.

Raul Treus manterase á fronte de Política Social e Administración Xeral.

Os novos concelleiros que se incorporan neste mandato son Olga González que será a responsable de Mar e Medio Ambiente; Roberto Lojo que asumirá Comercio, Formación e Emprego; Carmen Silva que asume a delegación de Ensino e Política Lingüística e Francisco Bermúdez que se convertirá en edil de Medio Rural.