Denuncian os recortes na área de cirurxía do hospital da Barbanza

BARBANZA> A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública sinala que na actualidade só existe unha praza cuberta de xeito completo, o que provoca unha merma na atención ós pacientes desta comarca.

Non hai moitos anos no hospital da Barbanza chegou a haber ata cinco cirurxáns. Hoxe tan só hai unha praza cuberta a tempo completo, das tres en teoría existentes no centro hospitalario. Os outros dous especialistas están desempeñando a súa función no Clínico de Santiago. Dende a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública no Barbanza entenden que esta situación é un exemplo máis das políticas de recortes en materia sanitaria que está a levar a cabo a Xunta na comarca , que afecta na calidade asistencial dos veciños do Barbanza.

Na comparecencia ante os medios, co fin de visibilizar a situación que se está a dar no hospital, tomaron parte tamén tres pacientes que se están a ver prexudicados pola falla de cirurxiáns.

Ademais da denuncia pública, a Plataforma ten previsto poñer en marcha unha mesa informativa no propio hospital para axudar ós pacientes a poder presentar reclamacións por esta situación. Tampouco descartan presentar unha queixa ante o Valedor do Pobo e incluso iniciar un calendario de mobilizacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí