BOIRO> O concello de Boiro cedeu unha parcela á AGADEA para a construción dunha residencia. Trátase dunha superficie duns tres mil cincocentos metros cadrados, no lugar do Saltiño, que albergará o futuro inmoble con capacidade para 39 usuarios.
O concello de Boiro e AGADEA facían esta mañá oficial a cesión desta parcela no lugar do Saltiño que albergará a futura residencia para maiores da entidade.
Ademais da cesión dos terreos, o concello apoiará economicamente o proxecto colaborando co financiamento así como a exención do ICIO.
A futura instalación, cun investimento previsto de dous millóns e medio de euros, contará con 39 prazas que darán servizo a usuarios da entidade que xa non poden seguir a residir nos seus domicilios e precisan do coidados, máis aló dos recursos que ofrece o centro de día.
Xunto coa esta residencia, AGADEA ten está a executar en Boiro o centro de día de Praia Xardín con 26 prazas que suporán un complemento a este novo recurso.











