POBRA> Con estas dúas detencións a Garda Civil dá resposta á vaga de roubos que nos últimos meses veu xerando unha certa inseguridade nos locais de hostalería.
As forzas da orde lograron a súa identificación despois de realizar unha minuciosa investigación. Impútanselle alomenos cinco delitos de roubo con forza e outros dous en grao de tentativa.
Segundo informaron fontes policiais trátase de dous vellos coñecidos das forzas da orde, con numerosos antecedentes anteriores por causas similares.
O total do subtraído polos feitos delitivos ascendería a uns 1.300 euros, ademais de gran cantidade de bebidas e comida valorada tamén en máis de 3.500 euros.
A Garda Civil tamén lle imputa ós dous prendidos un roubo con violencia e intimidación cometido a primeiros deste mes de novembro a unha señora de 65 años á que lle arrebataron o bolso no que portaba as súas pertenzas, sufrindo lesións de diversa índole polas que tivo que ser atendida polos servizos sanitarios.
Os dous detidos xa pasaron a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira, que decretou o ingreso en prisión para un deles e liberdade con cargos para o outro.