Achan restos óseos na zona onde desapareceron os mozos noieses que navegaban en kaiak

PORTO DO SON> Mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil desprazáronse ata Porto do Son para rastrexar a zona onde desapareceran dous mozos a bordo dun kaiak en xullo de 2020.

A busca retomouse despois de que esta semana un pesqueiro que faenaba na zona achase un óso. Sen embargo, as inmersións dos mergulladores non concluíron con novos achados. Tras determinar se se trata dun óso de orixe humana ou non, o Instituto de Medicina Legal de Galicia tratará de extraer restos de ADN para cotexalos cos dos dous desaparecidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí