O PP da Pobra mostra o seu malestar pola falla de iluminación de Nadal nas rúas

POBRA> O voceiro do Partido Popular, Manuel Durán, volveu a arremeter contra o executivo local. Neste caso pola falla de alumeado e decoración de Nadal que presenta a vila, ó contrario do que acontece noutros municipios veciños. Responsabiliza desta situación ó executivo local, máis preocupado, segundo el, en manter os seus salarios, que mirar polos intereses da veciñanza.

O PP critica tamén a falla de limpeza e abandono que presentan as principais rúas do casco histórico da vila. Unha situación que, para eles, tampouco axuda a mellorar a actual imaxe do pobo.

Resposta do Concello

Dende o grupo de goberno aclararon que A Pobra si contará con alumeado de Nadal. A pesar de que a contratación se fixo a tempo, a empresa responsable non puido aínda proceder á colocación das luminarias. Farao nas próximas xornadas e o acendido terá lugar a partir do día 8.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí