Mar interésase polas necesidades das dúas confrarías sonenses

PORTO DO SON> Tras unha primeira toma de contacto co novo patrón maior de Portosín despois de tomar posesión do cargo, a conselleira do Mar tivo ocasión de coñecer in situ algunhas das demandas do novo equipo directivo.

Rosa Quintana mantivo un encontro cos representantes da directiva do pósito, presidida por Isaac Gaciño, quen lle trasladou algúns dos principais proxectos nos que están a traballar.

Entre as principais necesidades do sector destaca a construción dunha nave para redeiras ou as melloras da lonxa.

Posteriormente, desprazáronse ata Porto do Son para visitar as instalacións portuarias e coñecer as principais necesidades da confraría. Tamén tiveron ocasión de supervisar o avance das obras da fachada marítima que se están a acometer na localidade.