Rosa Quintana visita ás obras da fachada marítima de Porto do Son

PORTO DO SON> A actuación, cun orzamento dun catro millóns de euros, significará a remodelación integral do bordo litoral da vila sonense.

Acompañada da presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e do alcalde, Luís Oujo, entre outras autoridades, a  conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana, visitaba as obras de remodelación da fachada marítima de Porto do Son que veñen de iniciarse.

A actuación, cun investimento duns catro millóns de euros, favorecerá a integración do porto na vila, facilitando o labor dos usuarios do peirao e facendo a zona máis atractiva para veciños e visitantes.

Dende o Concello agradeceron a actuación, pola que viñan agardando dende hai tempo. As obras, que se executarán por fases, contan cun prazo de execución de 18 meses, aínda que se confía en que, de cara ó verán que vén, estean xa moi avanzadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí