23 empresas optan á mellora da seguridade no acceso ó porto de Portosín

PORTO DO SON> Vinte e tres empresas presentaron as súas ofertas para acometer as obras de seguridade viaria no acceso ó peirao de Portosín. A actuación, orzamentada en cincuenta mil euros, iniciarase ó longo deste ano. A intención da Consellería de Infraestruturas é que as obras estean rematadas para o próximo verán, época na que incrementa considerablemente o tráfico na localidade. A actuación ten por obxecto eliminar un treito de concentración de accidentes no acceso ó peirao de Portosín dende a travesía da Igrexa xa que a intersección se ubica nas proximidades dunha cruva con visibilidade reducida. Construirase unha glorieta para mellorar os accesos tanto á zona portuaria como á igrexa. Ademais reorganizarase o espazo sobrante entre a estrada AC 550 e a avenida da constitución, habilitando unha nova zona de estacionamento. Executarase unha pasarela de madeira sobre o rego da igrexa para facilitar o acceso dende o aparcadoiro e crearanse novos pasos de peóns. A obra concluirá coa instalación de novo alumeado e a adecuación da rede de pluviais á nova superficie. A Xunta destinará cincocentos mil euros a este proxecto, enmarcado no Plan de Seguridade Viaria 2016-2010 para a eliminación de puntos negros nas estradas autonómicas.