Noia xa loce o seu alumeado de Nadal

NOIA> O executivo noiés procedeu onte pola noite ó acendido do alumado de Nadal. Foi un acto simbólico que tiña lugar no renovado palco da música da alameda. Nel tomaron parte varios membros do equipo de goberno, co seu alcalde á cabeza, Santiago Freire, que estiveron acompañados nesta ocasión por usuarios da asociación Misela.

O Concello responde así un ano máis á demanda dos comerciantes e hostaleiros, así como ós veciños en xeral, deixando as principais rúas e prazas totalmente engalanadas e cheas de luz, cunha decoración propia destas datas de Nadal, que axuda a dar un maior realce e mellorar a imaxe da vila.

Ademais do novo alumeado da casa consistorial e a alameda, dá gusto percorrer tamén estes días as rúas do casco antigo, por zonas como as prazas do Tapal ou da Constitución, a zona do Curro ou o Cantón, entre outras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí