Buscan en Vilagarcía ao autor dun atropelo que se deu á fuga

VILAGARCÍA> Atropelo con fuga esta madrugada en Vilagarcía de Arousa. A Policía Local busca un condutor que ao redor das dúas da madrugada atropelou un peón na avenida Rivero de Aguilar. A vítima, de 51 anos, está ferido de gravidade.

A Policía Local de Vilagarcía busca a un condutor que esta madrugada se daba á fuga despois de atropelar a un peón na avenida Rivero de Aguilar. O suceso produciuse ao redor das 2 da madrugada, nas inmediacións do paso de peóns que une o parque Miguel Hernández coa zona TIR. A vítima, un varón de 51 anos, está ferido de gravidade e precisa de atención hospitalaria.

Os axentes traballan para identificar ao responsable do atropelo. Hoxe están a analizar as gravacións das cámaras de seguridade da Autoridade Portuaria. Ademais, contan cunha testemuña dos feitos.

A Policía Local informou tamén doutro atropelo, desta volta ao redor das 8 e 20 da tarde. Neste caso foi á altura do número 52 de Rodrigo de Mendoza. O coche levou por diante a unha moza de 30 anos que resultou ferida leve.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí