VILAGARCIA> Todo listo en Vigo para que comece a fase de ascenso a segunda b. Unha competición á que chega o Arosa con boas sensacións e moita ilusión. As semifinais terán lugar os días 18 e 19 e a final o día 25.
A federación galega de fútbol xa ten todo preparado para que os catro primeiro clasificados de terceira división disputen a fase de ascenso a segunda b. Unha competición exprés marcada polo parón provocado polo covid 19.
O escenario escollido é o campo de Abanca Balaídos. Un estadio en perfectas condicións que aumenta a emoción da competición.
Na fase de ascenso participará o Arosa, xunto co Compostela, o Ourense e o Barco. O equipo vilagarcián chega play off con boas sensacións e moita ilusión.
Despois de catro meses parados, ningún dos clubs quere falar de favoritos.
As semifinais disputaranse os días 18 e 19. O Arosa xogará o seu primeiro partido o domingo fronte ao Ourense. A final terá lugar o día 25 e dende a federación non queren descartar que poida asistir público, aínda que son conscientes que é moi complicado.