VILAGARCIA> A fundación galega contra o narcotráfico e a Xunta renovan o convenio para a xestión dos bens incautados. Grazas a esta colaboración, a fundación poderá vender as posesións dos narcotraficantes retidas por orde xudicial. O acordo permite recadar con máis axilidade os fondos para as vítimas e evitar a impunidade dos narcotraficantes.
A fundación galega contra o narcotráfico e a dirección de defensa de xustiza renovaron o convenio para a xestión dos bens incautados procedentes do narcotráfico. Mediante este acordo, e a cando os xuíces o determinen, a fundación poderá vender as posesións retidas aos narcotraficantes para que sexan destinadas ás vítimas desta lacra.
Con este convenio, axilízanse os trámites para as vendas das posesións incautadas, evitando a degradación do valor dos bens e obtendo máis beneficios para as vítimas, e axúdase ao sistema xudicial.
Ao axilizarse os trámites, tamén se loita contra a impunidade dos narcotraficantes.
Nos seis anos que a fundación e a xunta levan renovando o convenio xa se xestionaron máis de 70 bens incautados e se obtiveron máis de 160 mil euros.