Os hostaleiros do ocio nocturo do Salnés garanten a seguridade nos seus establecementos

SALNÉS>Os hostaleiros do ocio nocturno saen en defensa dos seus establecementos. Aseguran que a maioría dos locais cumpren con todas as medidas sanitarias para previr contaxios fronte á covid 19. Dende o sector advirten que un novo peche suporía a fin para moitos negocios.

O ocio nocturno atópase no punto de mira. Moitas voces críticas sinalan aos establecementos como un dos principais focos dos novos gromos de coronavirus que está sufrir a comunidade autónoma. Unhas acusacións que non sempre son xustificadas. Dende os locais do Salnés deféndese das críticas e garanten a seguridade nos seus locais.

Para garantir a seguridade os locais toman todas as medidas necesarias como o uso de máscara ou distanciamento entre clientes. Pero moitos locais van máis alá, e para controlar o cumprimento das normas aumentan as medidas cobrando entrada, aumentando o persoal, reducindo aínda máis o límite de ocupación e, no caso do broken, controlando a temperatura na entrada ao local.

Os hostaleiros advirten que moitas veces á imaxe que se da dos locais é enganosa.

Estas baixadas do límite de ocupación reducen en gran cantidade os ingresos dos hostaleiros, que aseguran que a maior parte dos beneficios van destinados a facer fronte aos numeroso pagos. Por elo, advirten que un novo peche suporía a fin de moitos negocios.

Os hostaleiros agradecen o apoio da xunta e a boa disposición dos concellos e das policías locais para colaborar con eles e velar pola seguridade nos seus establecementos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí