A casa do mar de Vilagarcía estará en funcionamento antes do verán

VILAGARCÍA> Rematan as obras de renovación da casa do mar de Vilagarcía. O edificio acollerá as dependencias da dirección provincial do instituto social da mariña, da tesourería xeral da seguridade social e o centro de atención e información nacional da seguridade social. A obra tivo un custo de máis de 5 millóns de euros a previsión é que comece a operar con normalidade antes do verán.

Vilagarcía conta os días para reabrir un dos edificios máis importantes da vila, a casa do mar. As obras de remodelación están practicamente rematadas, e o resultado deixa un centro amplo, accesible, funcional e cómodo para traballadores e usuarios.

O edificio que conta con catro pisos, acollerá as dependencias da dirección provincial do instituto social da mariña, da tesourería xeral da seguridade social, o centro de atención e información nacional da seguridade social e, ademais, contará cos servizos médicos.

Dende o concello destacan a importancia deste centro par a veciñanza de Vilagarcía, e máis tendo en conta que nos vindeiro meses construirase enfronte o novo centro de saúde.

A falta dos últimos retoques e do mobiliario, a previsión é que o centro poida estar operativo antes do verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí