Detido un boirense por intento de homicidio

BOIRO> Os feitos aconteceron na noite do domingo cando a Garda Civil e a Policía Local recibiron a alerta dun ferido por arma de fogo na gasolineira de Bermo. Ó chegar, os axentes atoparon á vítima no exterior da área de servizo ferido nunha perna. O home, tamén veciño de Boiro, duns 60 anos, tivo que ser trasladado ó Hospital Clínico de Santiago onde permanece ingresado.

O presunto agresor fuxira pero foi localizado horas despois pola Garda Civil que procedeu á súa detención.

Testemuñas presenciais relataron que os dous implicados mantiveron unha discusión no interior do bar que se atopa na estación de servizo pero non precisaron se se coñecían previamente. O presunto autor dos feitos foi posto a disposición xudicial acusado dun homicidio en grao de tentativa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí