O concello de Ribeira abre unha consulta sobre as necesidades das parroquias

RIBEIRA> O concello de Ribeira vén de abrir tamén unha consulta sobre as necesidades prioritarias de cada parroquia. As propostas dos veciños serán avaliadas de cara a propoñer as obras a financiar co Plan de Obras e Servizos da Deputación.

Seguindo a liña iniciada coa proposta de elaboración dos orzamentos participativos para este ano, o concello de Ribeira pon en marcha unha consulta para recoller as suxerencias dos veciños sobre as necesidades de cada parroquia.

Todos aqueles veciños do municipio maiores de idade poden realizar as súas achegas cubrindo un formulario que xa está disponible na web municipal ribeira.gal. Dispoñen de prazo ata o domingo 16 de xaneiro a medianoite para formular as súas propostas que serán estimadas de cara á elaboración dos proxectos a incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación que destina a Ribeira máis de 900 mil euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí