RIBEIRA> Esta mañá presentábase na sede da patronal ribeirense a terceira edición da Feira Gastromar que terá lugar a fin de semana do 23 ó 25 de agosto.
Na cita gastronómica, que se celebrará na praza de España, exaltaranse os produtos do mar, con especial atención a aqueles peixes e mariscos que se descargan na lonxa da localidade, como é o caso do lirio e a xarda, pero na que non faltarán tamén outros produtos como son o polbo, a navalla ou ameixa, entre outros.
Dende o Concello destacaron a importancia desta cita gastronómica, que servirá de promoción turística do municipio, aproveitando o tirón do verán.
Ademais do Concello e as confrarías locais, as cooperativas de armadores e varios locais hostaleiros, na iniciativa colaboran tamén a Xunta de Galicia, a través da consellería do Mar, e a Deputación da Coruña.