A POBRA> Xa está en funcionamento o Mercado de Nadal da Pobra na praza do Cantón da Leña. Os que se acheguen a visitalo poderán atopar produtos do máis variado cos que agasallar ós seres queridos nestas datas festivas.
Seis casetas conforman o mercado do Nadal da Pobra que estará instalado no Cantón da Leña ata o día 5 Ademais de moda e gastronomía os visitantes poden atopar artesanía e agasallos creativos ideais para estas datas.
O mercado conta ademais cunha caseta do concello a disposición das distintas entidades ou asociacións que queiran expoñer os seus produtos ou dar a coñecer a actividade que realizan.
Durante as fins de semana, haberá tamén actividades de dinamización do mercado como o espectáculo dos Monifates que terá lugar este sábado ou o photocall que se instalará o día 28 con cabezudos e personaxes de Disney para os máis cativos.