BARBANZA> O tempo non dá, polo de agora, unha tregua, sendo numerosos os incidentes que se rexistraron, a maioría deles a primeiras horas da mañá.
Un dos máis importantes producíase en Rianxo, cun novo desbordamento do río Té, en varios tramos, o que obrigou ó Concello a ter que pechar ó tráfico os accesos de a Laxe, o Batán e Foxacos.
Neste municipio, o temporal tamén causou importantes danos na rede de alumeado público.
En Ribeira, os bombeiros tamén tiveron que intervir para a retirada dunhas chapas metálicas na rúa Cubeliños, a carón da gardería municipal, que saíron voando a causa do forte vento e acabaron batendo contra varios vehículos que estaban estacionados na rúa.
Por fortuna en ningún dos incidentes houbo que salientar danos persoais.











