RIBEIRA> Esta mañá presentábase no concello de Ribeira a vixésimo segunda edición desta cita gastronómica, unha das máis senlleiras de Galicia.
A confraría de pescadores de Aguiño, xunto co Concello, como xa acontecera nos últimos anos volverá a coller as rendas da festa do percebe. A cita gastronómica celebrarase finalmente o domingo 4 de xullo. O cambio de data con respecto a anos anteriores, pois sempre coincidía a finais de xullo, débese fundamentalmente ás mareas, para aproveitar ó máximo a captura do produto necesario para a degustación, ó redor dunha tonelada.
Dende o Concello destacaron a importancia desta cita gastronómica unha das máis senlleiras das que se celebran en Galicia.
A organización está a ultimar tamén os últimos flocos da festa na que este ano volverán a entregarse os recoñecementos dos Percebeiros de Honra.