O BNG de Poio recollerá sinaturas en defensa dunha atención primaria digna no municipio

POIO> O BNG de Poio sae á rúa para denuncia-la precariedade da sanidade no municipio. Os nacionalistas van iniciar unha campaña, con recollida de sinaturas incluída, para reivindicar unha atención primaria digna. A intención do Bloque é entregarllas á valedora do Pobo, á Xunta e levalas tamén ao Parlamento Galego.

Con problemas nos tres centros de saúde de Poio, o BNG bótase á rúa para esixir unha atención primaria digna. Responsabilizan ó PP da Xunta da precaria situación, con consecuencias para tódolos veciños. Apoiando esta nova campaña do BNG, a Plataforma SOS Sanidade Pública.

Os nacionalistas de Poio fan un chamamento a tódolos veciños a denuncia-la situación da atención primaria, denunciando casos concretos e tamén participando nunha recollida de sinaturas. Serán entregadas á Valedora do Pobo, á Xunta e tamén as van levar ao Parlamento Galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí