O Club de Remo Cabo de Cruz prepárase para unha nova temporada na ACT

BOIRO>  Outro ano máis o CR Cabo de Cruz prepárase para competir na máxima competición do remo a nivel nacional.

Este ano farao ademais por partida dobre.

Á embarcación masculina na Liga Eusko Label, sumaraselle este ano a traiña feminina, na Euskotren, sendo ademais o único barco galego nesta competición.

Dende o club boirense móstranse cautos, aínda que as expectativas son moi positivas.

Na embarcación masculina houbo este ano bastantes cambios, aínda que no Club confían en poder igualar, cando menos, o secto posto acadado o pasado ano.

Galicia acollerá este ano un total de catro regatas. As dúas primeiras abrirán xa a competición.

O día 29 de xuño coa disputa da VIII Bandeira Cidade da Coruña.

O día 30 coa III Bandeira Concello de Bueu.

As outras dúas citas terán protagonismo no Barbanza.

Será a fin de semana do 20 e 21 de xullo coa celebración da II Bandeira Barbanza Arousa en Ribeira e a XXXIV Bandeira Concello de Boiro, respectivamente.