Noia conmemorou hoxe o trinta cabodano de Antón Avilés de Taramancos

NOIA> Como é costume cada 22 de marzo, data do seu pasamento, o concello de Noia homenaxeou hoxe a Antón Avilés de Taramancos. Fíxoo ademais dun xeito especial cando se cumpre o seu trinta cabodano, cunha lectura de poemas e unha ofrenda floral, no cemiterio de San Pedro de Boa, onde repousan os seus restos.

O acto estivo presidido polo alcalde Santiago Freire, e nel tomaron parte tamén varios membros da corporación municipal, e dous dos seus fillos. Non puido asistir a viúva, Sofía Baqueiro, a quen o rexedor desculpou a súa ausencia debido a que se está a recuperar dunha doenza.

No acto tomaron parte tamén dous dos seus amigos, Ana Blanco e Juancho López Oviedo, encargados de dar lectura  a varios dos seus poemas.

Aínda que sinxelo, o acto estivo cargado de gran emotividade, pechándose cunha ofrenda floral enriba da súa sepultura.

Para mañá mércores está prevista unha charla e un recital poético na casa de cultura, ás sete e media da tarde, na que tomarán parte Ana Romaní, César Souto, Martín Veiga e Pilar Sampedro.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí