O escritor José Luís Baños de Cos faise co VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

POBRA> O escritor José Luís Baños de Cos, coa obra ‘Fóra de xogo’, faise coa sexta edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro convocado polo concello da Pobra, en colaboración coa Editorial Galaxia e a asociación cultural Barbantia.

Unha representación do xurado daba a coñecer esta mañá o nome do gañador da sexta edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro.

Trátase de escritor José Luís Baños de Cos, de 46 anos, natural de Xerez, aínda que con domicilio en Compostela.

A súa obra, ‘Fóra de xogo’ foi elixida por maioría entre a trintena de traballos presentados este ano ó concurso.

O xurado destacou a calidade da obra gañadora.

A entrega do premio, dotado con tres mil euros en metálico e a publicación da obra na colección ‘Árbore’ da Editorial Galaxia terá lugar, como é costume, no mes de abril nunha data aínda por determinar.

Cabe lembrar que a última gañadora deste premio fora a escritora María Canosa coa obra ‘Teño un volcán dentro’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí