BARRO> Unha ducia de localidades galegas acollerán esta tarde concentracións de repulsa polo crime de Jessica Méndez. A moza, de 29 anos, faoi asasinada en Barro, presuntamente, por un home que levaba tempo acosándoa. A localidade tamén saiu onte á noite á rúa para apoiar á familia e amizades da vítima. Pediron xustiza e que José Eirín pague coa máxima pena.
Con este longo aplauso Barro amosou o seu rexeitamento ao crime de Jessica Méndez. A moza, de tan só 29 anos, foi asasinada , presuntamente, por José Eirín, logo de empotra-lo seu coche contra o dela.
Ela é unha das amigas de Jessica, encargada de le-lo manifesto de condena. Reclaman para José Eirín a maior pena posible. Teñen claro que estamos ante un feminicidio.
Esa obsesión que tiña José Eirín coa vítima traducíase nun acoso constante dende había tempo. Unha conduta que condicionou os últimos anos da vida de Jessica.
Fan un chamamento a que un caso tan arrepiante como este non se volva repetir, por moi preto de nós que viva o acosador.
Reclamaron que a morte de Jessica non caia no esquecemento, lamentando que nunca máis poderán recuperala nin a ela nin a súa voz e o seu sorriso.