Pontevedra> Combarro acollerá do 22 ao 26 de agosto a celebración da Festa do Mar. Unha cita que neste 2018 cumpre a súa maioría de idade e que se centra en tres eixos fundamentais: o encontro de embarcacións tradicionais, a gastronomía e a música que chega grazas ao Armadiña Rock.
Un ano máis, e xa vai 18, Combarro celebrará a súa festa do mar dende o 22 ata o 28 de agosto cun sinfín de actividades.
Unha festa que neste 2018 se investirá un total de 170 mil euros e que celebrará os seus días grandes na fin de semana.
Unha cita onde a música estará moi presente con actividades e concertos para todas as idades e gustos….
Dende o concello din que unha vez máis insistirán para que este evento sexa declarado festa de interese turístico galego.
Así que xa o saben, do 22 ao 26 de agosto poderán desfrutar dunha nova edición da festa do mar. Un espazo onde poder desfrutar de moitas actividades e da mellor gastronomía das rías baixas.