RIANXO> Rianxo encherase de música esta fin de semana co XIX Encontro Internacional Zona da Zanfona organizado pola aCentral Folque en colaboración co Concello.
A programación deste ano segue unha liña similar á de edicións anteriores estruturada en tres eixos fundamentais.
Por unha banda, os concertos de balde que se celebrarán na praza Rafael Dieste a cargo de destacados zanfonistas como Ben Grossman, David Bellas e Iván Abal.
Haberá tamén cursos de aprendizaxe para distintos niveis e por último a xuntanza de escolas de zanfona.
E sen comezar aínda a edición deste ano, a organización deste encontro, xa traballa na que será a proposta do ano que vén, a número vinte, que terá un carácter especial e con importantes novidades.











