O executivo ribeirense propón destinar medio millóns de euros a medidas anticrise

RIBEIRA> O alcalde de Ribeira propuxo ó resto de corporación un paquete de medidas para paliar os efectos do encarecemento dos servizos. O financiamento destas axudas procedería do excedente dos fondos que transfira o estado no presente exercicio.

Na xunta de voceiros celebrada esta mañá, o alcalde de Ribeira propuxo ós representantes de tódolos partidos que integran a corporación destinar unha partida de medio millón de euros para facer fronte á suba dos servizos básicos. Os fondos proceden da transferencia prevista para o exercicio 2022 por parte do estado que deberían incorporarse como unha partida nova ós orzamentos municipais, actualmente prorrogados.

O destino deste máis de medio millón de euros iría destinado a un paquete de medidas para gasto social e dinamización da economía local.

Dende o executivo entenden que sería a fórmula máis axeitada para facer fronte ó encarecemento da enerxía e materias primas posto que baixada de tributos implicaría unha notable redución dos servizos municipais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí