VILAGARCÍA> Dende Vilagarcía estase levando a cabo un proxecto artístico denominado “alas”. A través dun montaxe fotográfico, artista Cristina Villegas quere concienciar á sociedade sobre a importancia de coidar o medio ambiente. Para elo utiliza un cadro creado por ela mesma co debuxo dunhas ás.
Dende hai anos a terra está sufrindo pola cantidade de contaminación provocada polos seres humanos. Isto provoca que moita xente se mobilice para poñer en valor a importancia do coidado do medio ambiente. Unha delas é a artista Cris Villegas que o fai a través do seu proxecto artístico “alas”.
Nesta campaña están a colaborar importantes científicos e artistas como Odile Rodríguez de Lafuente, Nacho Dean, Pablo Carbonell, Zenet ou Uxia, entre outros. Todo parte do cadro dunhas ás creado por Cris Villegas.
O obxectivo desta obra é concienciar á sociedade, pero especialmente a empresarios e políticos, do coidado do medio ambiente.
O cadro está exposto no estudo de pinturas C.S. Villegas en Vilagarcía. O proxecto “alas” pode seguirse nas páxinas de facebook e istagram da artistas Cris S Villegas.