RIBEIRA> Medio cento de pequenos bailaríns tomarán parte no Festival de Ballet da Escola Municipal de Ribeira que se celebrará o próximo domingo. Representarán unha adaptación do ‘Soño Dunha Noite de Verán’ de William Shakeaspeare.
As alumnas da escola municipal de ballet de Ribeira pecharán o curso cun festival no que levará a escena todo o aprendido neste ano. Volve así unha das citas máis agardadas do xuño da cultura e das artes despois do parón que supuxo a pandemia.
Polas táboas do auditorio municipal pasarán medio cento de alumnas. Representarán unha adaptación de ‘Soño dunha noite de verán’ na que dúas amigas compiten por facerse cunha fada. A actuación dará comezo ás sete e media da tarde e ó remate procederase á entrega de doplomas para clausurar o curso. A entrada será de balde aínda que será preciso retirar invitación media hora antes do inicio da función.