O concello de Ribeira acolle unha mostra de óleos inspirados no viño

RIBEIRA> A casa do concello de Ribeira acollerá ata o catorce de febreiro a exposición ‘A Riveira pola Ribeira Sacra’. Trátase dunha escolma de vinte e cinco óleos que teñen como temática común o viño.

A mostra que xa se pode visitar na casa consistorial de Ribeira é o resultado dun profundo traballo de investigación e documentación sobre o viño iniciado en 2017 polo binomio creativo ‘Arte Guiglo’.

A través da técnica do óleo sobre diversos soportes, estes dous artistas tentaron expresar as impresións producidos polos gustos e sabores do distintos viños que conforman a nosa rica cultura vitivinícola.

Tras recalar na casa do concello de Ribeira, a mostra seguirá o seu percorrido por distintas cidades galegas.