Cabo de Cruz acolle este sábado a Bandeira de Traíñas Contra Reloxo ‘Somos Boiro’

BOIRO> Cabo de Cruz acolle este sábado a Bandeira Contra Reloxo de Traíñas, organizada polo Club de Remo da localidade en colaboración co concello de Boiro. Tomarán parte equipos doutras comunidade autónomas e mesmo un club inglés.

Numerosos clubs chegados non só de toda Galicia senón tamén doutras comunidades e mesmo doutros países como o Reino Unido tomarán parte este sábado na regata contra reloxo de remo que se disputará no porto crucense.

Pola mañá, a partir das once e media competirá as categorías base e de veteráns mentres que pola tarde disputaranse as regatas absolutas. Ademais durante a competición haberá un sorteo patrocinado pola asociación boirense de empresarios que repartirá vales de compra entre os gañadores.

Dende o concello animan á veciñanza a achegarse ata Cabo de Cruz para a animar ó equipo local e disfrutar da primeira das regatas de remo que se disputará en Boiro este ano e que concluirán en agosto cunha proba da liga Euskolabel.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí