RIBADUMIA> Preocupación no Concello de Ribadumia trala denuncia feita por unha moza ao sufrir unha agresión sexual durante as festas do viño tinto. Dende o goberno local sinalan que puxeron todos os medios posibles para evitar este tipo de acontecementos e mostran a súa repulsa contra o machismo. A investigación da suposta agresión sufrida a madrugada do sábado está en mans da Garda Civil.
Trala gran celebración realizada no regreso das festas do viño e exaltación das variantes autóctonas, a denuncia dunha moza por sufrir unha agresión sexual centra toda a preocupación no concello de Ribadumia. Dende o goberno local mostran todo o seu apoio á vítima e a súa repulsa a calquera tipo de acto machista.
Dende o concello sinalan que traballaron durante varias semanas para intentar evitar que un acto coma este puidese ocorrer.
No punto morado non se rexistrou ningún tipo de incidencia nin de alerta en toda a festa, dende o concello sinalan que aínda que foi un caso illado, deben seguir traballando e loitando para que isto non aconteza.
Ao non rexistrarse incidencia no punto morado, a información coa que conta o concello de Ribadumia é limitada. A investigación xa está en marcha en mans da Garda Civil.