O BNG insiste na necesidade de mellorar a atención sanitaria no Barbanza

BARBANZA> Os nacionalistas denuncian que a situación xa se fai insostible.

O BNG volverá a levar ó Parlamento Galego novas iniciativas para esixirlle á Xunta o cumprimento dos acordos xa aprobados en sede parlamentaria e se cubran ó 100% as vacantes de persoal sanitario e as baixas médicas e vacacións do persoal médico do Barbanza, e así evitar a sobrecarga que se dá, segundo eles, na Atención Primaria nesta comarca.

Tamén piden que se reabran, á maior urxencia posible, os consultorios médicos de Cabo de Cruz e Taragoña, pechados dende a pandemia e a ampliación do actual horario do PAC de Rianxo.

Os nacionalistas poñen tamén no centro das súas críticas os problemas que se dan na asistencia pediátrica, un dos servizos nos que se evidencia unha maior merma de recursos, sendo un claro exemplo desta situación os concellos da Pobra e Rianxo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí