Sanidade dá por controlado o brote de Covid-19 en Barbanza

BARBANZA> O número de persoas investigadas aumentou ata as 107. Aínda así, dese total, o número de positivos manténse en nove. A mesma cifra que xa se fixera pública a pasada fin de semana. Seis en Ribeira, 1 na Pobra do Caramiñal e 2 en Porto do Son. Precisamente sobre un dos positivos nesta última localidade o xulgado do Contencioso-Administrativo Número 2 de Santiago ratificou a medida adoptada pola Consellería de busca e illamento obrigatorio no seu domicilio. Trátase dun  home de 35 anos, con iniciciais J.C.O.M. A Garda Civil xa se encarga da súa custodia, polo menos, ata que deixe de representar un risco para a saúde pública.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí