RIBEIRA> Esta mañá presentábase a novena edición do Torneo de Padel Cidade de Ribeira. A cita, organizada polo Club Deportivo Pádel Ribeira, en colaboración do Concello, disputarase do 8 ó 15 de agosto. Prevese unha participación dunhas 150 parellas.
O Centro de Deportes de Raqueta en Coroso vai acoller do 8 ó 15 deste mes de agosto a novena edición do Torneo de Padel Cidade de Ribeira-Cervecería Morrison. A cita deportiva, organizada polo Club Deportivo Pádel Ribeira, en colaboración co Concello, prevé unha participación de aproximadamente unhas 150 parellas chegados dende diferentes localidades galegas. Haberá tres categorías en competición: masculina, feminina e mixta, divididas por niveis.
Dende o Concello destacaron a importancia deste Torneo, dunha modalidade deportiva como é o padel en auxe, e que en Ribeira está a atraer a cada vez máis practicantes.
Dende a organización destacaron tamén a axuda das distintas empresas e casas comerciais que coalaboran co Torneo, xa que sen eles sería practicamente imposible poder celebralo. A contía económica a repartir entre tódolos gañadores ascende a uns 2.500 euros.











