O Sergas realizará novos cribados en Boiro para detectar posibles asintomáticos

BOIRO> Preocupante a situación en Boiro. Os casos activos sitúanse hoxe en 20, catro máis ca onte. De aí que dende o Concello insistan na necesidade de extremar as precaucións para evitar ter que voltar de novo a niveis máximos de restricións.

O alcalde referiuse tamén a que o Sergas ten previsto iniciar novos cribados, o que segundo el conlevaría a aparición de novos casos.

O alcalde fixo alusión tamén ó gromo do CD Boiro que levou ó confinamento de tódolos xogadores, despois de detectarse cinco positivos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí