A Pobra contará cun mínimo de 12 socorristas durante o verán

A POBRA> O concello da Pobra vén de convocar un proceso selectivo para a contratación de socorristas durante a tempada de verán. A intención do executivo pobrense pasa por poder ter un mínimo de 12 persoas contratadas para cubrir o servizo nas praias da Lombiña, e da Illa e, nas fins de semana e festivos, as piscinas naturais do río das Pedras.

O Concello da Pobra aprobou as bases reguladoras do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación de socorristas para a tempada estival. O documento será publicado en breve no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A intención do Concello é dispor dun mínimo de 12 persoas contratadas no servizo e así poder cubrir as praias da Lombiña e da Illa, así como tamén nas fins de semana e festivos, as piscinas naturais do río das Pedras dende xullo a mediados de setembro.

Unha vez publicadas as bases, as persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes mediante unha instancia no rexistro xeral do Concello ou a través da sede electrónica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí