POBRA> A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou a cinco anos de cárcere a un veciño da Pobra que prendeu lume ó rocho da vivenda da súa familia, na zona do Lagar.
O tribunal considerouno responsable dun delito de incendio con risco para a vida e integridade das persoas, na súa modalidade atenuada de menor entidade, coa atenuante de drogadicción.
Ademais, impúxolle sete meses de cárcere por cometer un delito de quebrantamento de condena, pois tiña vixente unha orde de afastamento do seu irmán.
O incendio produciu danos nos elementos comúns do edificio como consecuencia do fume, así como en varios vehículos estacionados no garaxe do inmoble.