A Pobra amplía o programa ‘Enraízando’ granzas á colaboración da Deputación da Coruña

A POBRA> O departamento de Servizos Sociais da Pobra amplía o programa Enraízando grazas á achega económica da Deputación da Coruña. Ademais da contratación dunha psicóloga, incrementouse o número de horas de asistencia e estanse a poñer en marca grupos de apoio terapéutico.

No ano 2021, o departamento de Servizos Sociais da Pobra poñía en marcha o programa ‘Enraízando’ de acompañamento persoal e familiar a persoas con problemas de saúde metal ou adiccións. Dende aquela foi evolucionando converténdose nun servizo moito máis especializado nas necesidades de cada usuario. A colaboración económica da Deputación da Coruña permitiu a partir do mes de setembro ampliar o número de horas de asistencia así como de profesionais.

Ademais da asistencia  a persoas en situación de vulnerabilidade, o programa comezou a promover grupos de apoio a través de actividades terapéuticas co fin de favorecer a integración.

Na actualidade, o programa dá servizo a a uns 15 usuarios en toda a comarca do Barbanza, asistidos pola psicóloga e dous educadores sociais.