Noia Histórica pon en valor a ruta Portus Apostoli coa campaña ‘ O Noso Camiño’

NOIA> Noia Histórica vén de poñer en marcha a campaña ‘O Noso Camiño’ para dar visibilidade á ruta xacobea pola ría de Muros Noia. Entre as accións principais destaca a exposición fotográfica de Pichero por medio cento de escaparates do casco histórico así como a instalación de vinilos e mapas da ruta.

O recoñecemento oficial do camiño Portus Apostoli como ruta xacobea foi o punto de partido da campaña ‘O Noso Camiño’ que tras anos de traballo vén de poñer en marcha Noia Histórica. O obxectivo é dar visibilidade e poñer en valor este camiño a a través de diversos elementos visuais no casco histórico. destacan as fotos de Pichero que decoran os escaparates de 45 establecementos da vila así como os vinilos xigantes elaborados tomando como base as fotografías cedidas pola asociaicón de amigos do camiño Ría Muros Noia.

 

Ademais da importancia a nivel histórico e patrimonial desta inciaitiva, o alcalde destacou a súa cotnribución a emeblecer a vila facendo máis atractivas visualmente as principais rúas comerciais.

O colofón a esta campaña será a peregrinación que vai organizar Noia Histórica no mes de setembro con saídade dende Muros e Porto do Son.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí