A Pobra acollerá este sábado a ‘V Subida á Curota’

POBRA> Tras un ano de parón obrigado pola pandemia, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e o Concello volven a organizar a ‘Subida á Curota’. Terá lugar este vindeiro sábado.

A proba arrancará ás cinco da tarde dende a praza Alcalde Segundo Durán. Haberá dúas modalidades: carreira a pé e ciclismo, tanto en bici de estrada coma en BTT e nela poderán tomar parte tanto federados coma non federados.

Dende o Concello animan a participar nesta proba que discorrerá por unha paraxe única.

A organización habilitará varios autobuses para o traslado dos deportistas dende a meta ó lugar de saída.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí