A Pobra celebrará o 8M con actividades durante todo o mes de marzo

POBRA> O concello da Pobra do Caramiñal conmemorará con diversos actos o Día Internacional  da Muller. Entre as actividades organizadas figura unha Batukada Feminista que terá lugar o propio 8 de marzo ás doce e media da mañá na Praza Maior.

A sensibilización é o obxectivo principal de todas estas actividades organizadas polo concello que, ademais da celebración desta data, traballa durante todo o ano por unha conciliación real.

A programación comezará o mércores catro de marzo dunha charla no museo Valle-Inclán sobre a detección de abusos sexuais na escola. O propio oito de marzo celebrarase un acto festivo e reivindicativo organizado por Batukabras a partir das doce e media da mañá.

Xa pola tarde, terá lugar o espectáculo ‘O ben quererse’ a partir das oito da tarde no teatro Elma.

A programación non rematará aquí senón que se estenderá ó longo de todo o mes de marzo coa posta en marcha dos cafés feministas. Serán un total de catro sesións que abordarán temas como a sexualidade, as mulleres na arte ou o movemento feminista en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí