A Festa do Percebe repartirá en Aguiño unha tonelada de marisco

RIBEIRA> Aguiño recuperará este ano a súa tradicional festa do percebe, nun ano ademais no que a festa vén de ser declarada de interese turístico galego. A cita, que chega este ano a súa 23 edición, terá lugar o domingo 31 de xullo.

A confraría de pescadores de Aguiño, xunto co Concello, organizan de xeito conxunto, a que será a 23 edición da  festa do percebe, o produto gastronómico estrela no municipio. A cita gastronómica terá lugar o domingo 31 de xullo, despois de dous anos sen celebrarse a consecuencia da covid . Ese día a Confraría espera poñer a disposición de todos aqueles que se acheguen á lonxa ó redor dunha tonelada de produto.

Dende o Concello destacaron a importancia desta cita gastronómica unha das máis senlleiras das que se celebran en Galicia, que ademais este ano vén de ser declarada pola Xunta coma Festa de Interese Turístico Galego.

Este ano volverán a entregarse os recoñecementos dos Percebeiros de Honra. Serán dous, un aínda está por decidir e o outro seralle entregado ó artista local, Manuel Ayaso. Dende a organización destacaron tamén a colaboración do fotógrafo Luís Polo, autor da imaxe que ilustra este ano o cartel da festa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí