POBRA> A Pobra acollerá o vindeiro domingo 28 de xuño unha multitudinaria manifestación convocada Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza.
A mobilización está previsto que arranque ás doce da mañá dende as inmediacións do centro de saúde da localidade para percorrer posteriormente diversas rúas da vila, e rematar na alameda, onde se dará lectura a un manifesto.
Segundo apuntan dende a Plataforma, con esta acción o que pretenden é chamar a atención, e obter unha resposta a algunhas das súas vellas reivindicacións, como é o caso da cobertura da totalidade de prazas de facultativos e a redución das listas de espera así como a solicitude dun PAC en horario de tarde.
Dende Plataforma din convocar esta manifestación ante a falla de resposta por parte das autoridades sanitarias, a pesar das concentracións dos venres, e á recollida de máis de tres mil sinaturas.
Fan ademais unha chamada a veciños e comerciantes a secundar a mobilización e piden o apoio dos diferentes grupos políticos con representación municipal co fin de promover un pleno extraordinario no que se aprobe unha moción de respaldo ás súas solicitudes.











