Merchi Álvarez prepara a viaxe a Corea ilusionada coa súa ‘nova vida’

CAMBADOS> Merchi Álvarez acada o obxectivo Corea. A Cambadesa afectada por Ame recada os 80 mil euros necesarios para costearse o tratamento novidoso que recibirá no país asiático. A presidenta de Galiciame móstrase moi contenta e entusiasmada polo seu novo cambio de vida.

Tras varios anos de loita contra a Ame e axudando a moitas outras persoas afectadas por esta enfermidade, Merchi Álvarez atopou un tratamento para ela en Corea do Sur. Pero a solución tiña un alto custo, o prezo do novidoso tratamento coreano superaba os 80 mil euros. Para recadalos a presidenta de Galiciame comezou unha campaña en busca de doazóns para axudala. Un obxectivo corea que rematou con éxito.

O obxectivo conseguise grazas á colaboración de moitas persoas.

E tamén foron moitas as asociacións e administracións que realizaron iniciativas para recadar fondos.

Merchi xa comezou cos preparativos da viaxe. Agora gardará corentena para evitar que a pandemia poida retrasar a súa partida.

O tratamento coreano freará a expansión da súa enfermidade. Merchi móstrase ilusionada coa nova vida que lle agarda por diante.

A cambadesa quixo agradecer o apoio de toda a xente que colaborou co obxectivo Corea e tamén da súa familia. Partirá para Asia o 12 de setembro e a súa estancia en Corea durará 16 días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí